“SEIXAL” – Segunda fase de recuperación (O Grove 9/04/2006)
O día 9 de Abril levamos a Seixal para o Acuarium Galicia de O Grove. Alí pasará un tempo exercitando os músculos e gañando peso para ser liberada definitivamente. A esperaban as outras foquiñas, Rinlo e Burgo, que serán liberadas ao longo dos próximos meses, a medida que vaian alcanzando o peso necesario para desenvolverse con seguridade en alta mar. As feridas de Seixal evolucionaron moi ben, a pesar da súa profundidade o tecido rexenerouse considerablemente. Amosamos unha foto que nos enviaron os compañeiros da CEMMA, na que se pode apreciar o moito que creceu en poucos días.
Etiquetas: UCI Lobos mariños e focas
0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio