20.3.06

“SEIXAL” – Evolución (20/03/2006)





Seixal, como se pode apreciar na foto, ten unha curiosa e sorprendente cor verde. Non é que mudara a pel para lucir con esta tonalidade, senón o resultado de tantos días de tratamento aplicándolle un desinfectante que ten esa cor e que pouco a pouco foille tinguindo a pelaxe. Por primeira vez na nosa experiencia con Lobos Mariños, non precisamos máis ca un coidador para tratar unhas feridas. Lonxe de revirarse mentres se lle están a limpar, sube por riba das pernas do compañeiro deixándolle as extremidades posteriores dispostas para ser manipuladas sen dificultade. Este comportamento trouxo máis dunha ca outra trabada ao que facía o traballo e nestes derradeiros días xa temos que poñer distancia porque adquiriu forza e se amosa máis agresiva. Un bo síntoma. Disfruta do baño dende fai uns días.

Etiquetas:

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio