9.4.06

Limpeza da Praia de Esmelle


O Domingo, 9 de Abril 2006 e dentro da campaña internacional “A limpar o mundo”, na que a Sociedade Galega de Historia Natural ven colaborando desde fai anos, sete membros da asociación acudiron á Praia de Esmelle co fin de facer unha recollida de lixo. Como se pode apreciar na fotografía, o resultado foi duns 700 quilos de desperdicios, nos que destacaron cordas, un bidón de 30 litros de lubricante para maquinaria e unha partida de bolsos que recentemente caeron ao mar dende un cargueiro e se repartiron polos areais.

Etiquetas:

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio