O venres, 15 de setembro, recibimos un aviso da
CEMMA da aparición dunha quenlla que quedou apresada las redes da parella de arrastreiros "Coral" e "San Martín", con base en Ribeira. Os barcos estaban faenando na zona coñecida como "Chan de Touriñán". O tabeirón foi descargado no porto de Camariñas e os primeiros datos que se nos ofreceron forón o seu gran tamaño e a forma dos seus dentes.
Coas características ofrecidas se pensou que moi probablemente podería tratarse dun "Bocadoce" (
Hexanchus griseus) ou "Cañabota" en castelán , determinación que se puido certificar nada máis chegar ao porto onde se atopaba o animal.
Tratábase dune xemplar de 4,50 metros de lonxitude, tamaño excepcionalmente grande, tendo en conta que esta especie pode chegar como máximo aos 5 metros e con máis de 400 quilos de peso. Unha femia preñada, que ao ser izado o seu corpo xa morto, pariu 6 crías vivas que foron devoltas ao mar. Este animal é ovovivíparo con camadas numerosas de ata 70 fetos. Ademáis das 6 crías vivas apareceron 31 máis, mortas, no seu interior, cun tamaño entre 69 a 76 centímetros, cada unha.
Esta quenlla ten seis ringleiras de dentes similares. A mandíbula superior presenta dentes máis pequenos e curvos, cunha soa cúspide Aliméntase doutros peixes de gran tamaño como bacallaos e quenllas, servíndose dos seus eficaces dentes cos que pode cortar a presa en anacos. Consume tamén presas pequenas como luras, cangrexos e peixes que inxire enteiros.
A súa distribución é ampla, practicamente en tódolos oceános do mundo, entre os 200 e os 1.800 metros de profundidade, en augas tépedas e frías. Ten seis fendeduras branquiais e ollos fluorescentes. De aspecto moi robusto, se pode atopar preto da superficie pola noite.
Ademais da biometría do especime, recolléronse algunhas das crías, anacos de pel e fígado e a súa gran cabeza, da que se tentará recuperar o cranio e as mandíbulas para a súa exposición no "Museo da Natureza" da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN).
Etiquetas: Peixes e Quenllas
0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio