“MUSEO DA NATUREZA” – Maqueta de Caldeirón Común (19/05/2006)
O 19 de Maio inaugurouse unha nova peza para o “Museo da Natureza”. Trátase dunha maqueta dun Caldeirón Común (Globicephala melas), un mamífero mariño, femia, de 4,32 m de lonxitude, atopado varado en Porto Moras (Cervo). O traballo foi realizado polo Coordinador de Mamíferos Mariños, Juan Ignacio Díaz da Silva e por Yosy, en fibra de vidro, a partir do cadáver do animal, coa obtención de moldes do seu corpo.
Á inauguración asistiron, ademais da Xunta Directiva da SGHN, Coordinador do Museo e autor da obra e outros compañeiros da Sociedade, autoridades da Xunta, da Deputación e do Concello de Ferrol, xunto con representantes dos grupos políticos locais.
Etiquetas: Museo da Natureza
0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio