12.5.10

Tartaruga mariña BASTEIRA (Caretta caretta) – Saída da UCI


A Tartaruga mariña BASTEIRA abandonou a finais de abril a UCI da SGHN-CEMMA, despois de máis dun mes recibindo tratamento veterinario e coidados.
A tartaruga fora atopada na praia de A Basteira, en Cariño, a medidados do mes de marzo. Chegou ás augas tranquilas da ría, libre xa das redes que moi probablemente lle causaron a amputación da aleta pectoral esquerda.

Os aparellos de pesca abandonados, así como o lixo que se bota no mar, son unha das principais causas de mortandade das tartarugas.
Basteira continuo a súa recuperación no Acuarium Galicia, que colabora con este proxecto de recuperación, nadando novamente en auga de mar, que lle permite exercitar o seu corpo para a pronta lliberación.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.