25.3.08

Presentación en Ferrol de “La Caixa a favor del Mar” – 25 marzo 2008

Este martes, presentouse no peirao de Curuxeiras o Programa de Medio Ambiente da Obra Social “La Caixa”, cunha campaña cetolóxica: “A ruta do IBERO 2008”, que propón a elaboración do mapa acústico de gran parte da Península Ibérica. Un traballo a realizar entre os meses de xaneiro a xullo deste ano, dirixido polo doutor Michael André e que conta coa participación dos investigadores locais das ONGs e centros de investigación daqueles puntos polos que transcorre a ruta, no caso de Galicia, a CEMMA (Coordinadora para o estudio dos Mamíferos Mariños).
Esta campaña proporcionará unha serie de datos científicos que complementan os que aporta a CEMMA á Consellería de Medio Ambiente da Xunta, coa finalidade de establecer criterios de protección de cada unha das zonas de interese.
Así mesmo o veleiro hospital IBERO poderá ser utilizado para diversas accións de recuperación da fauna mariña, tanto para procedementos de diagnóstico e terapéuticos, como para plataforma de liberación de exemplares en recuperación.
O planeamento do traballo de investigación en Galicia correrá a cargo do presidente da CEMMA, o doutor Alfredo López. Ao acto de Ferrol, participaron Josep María Alonso, veterinario da CEMMA e Juan Ignacio Díaz da Silva, Delegado da SGHN en Ferrol e responsable do grupo de traballo da zona norte da CEMMA, ademais das autoridades locais e directivas de “La Caixa”.
-----------

Etiquetas:

24.3.08

Colaboración no dominical "Nordesía" (Diario de Ferrol) - (23 marzo 2008)

Artigo: "DAVALLIA CANARIENSIS"
Texto e foto: Yosy
Astronomía: "Efemérides de Abril 2008"
Texto: Paulino Gasalla

Etiquetas:

19.3.08

XORNADAS: "Agrocombustibles a debate" - (4, 11, 18 e 25 de Abril de 2008)

XORNADAS

SOBRE

AGROCOMBUSTIBEIS.

Ferrol,

4, 11, 18 e 25

de abril

de 2008.

Salón de Actos do Vicerreitorado

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

Campus de Esteiro - FERROL

Solicitado 1 crédito de libre configuración

e Ateneo Ferrolán

INSCRIPCIÓN:

Sede da SGHN

(Méndez Núñez, 11 - Ferrol)

sghnferrol@teleline.es



PROGRAMA:

1ª xornada, 4 de abril.

6,00 h: José Santamarta Flórez (director de la revista World Watch).

19:00 h: Miguel Angel García Guerrero (Catedrático de Bioquímica y Biología Molecular de la Universidad de Sevilla).

Coloquio.

2ª xornada, 11 de abril. (Esta segunda xornada se celebrará no Ateneo Ferrolán)

18 h: Lidia Senra Rodríguez (Sindicato Labrego Galego, coordinadora europea de Vía Campesina, labrega, ecoloxista e feminista) - "Os cultivos agroenerxéticos e a súa relación coa soberanía e a seguridade alimentarias".

19 h: Luis Costal Andrade (Enxeñeiro agrónomo e Técnico da Dirección Xeral de investigación agroforestal) - "O papel da agricultura galega na produción de biocarburantes".

20 h: Coloquio.

3ª xornada, 18 de abril. (No salón de actos do Vicerreitorado)

18:00 h: Antonio Dorado (Xefe da Área de Renovabeis do Instituto Enerxético de Galicia) - "Posibilidades de utilización das fontes enerxéticas renovabeis no medio rural. Axudas".

18:45 h: Tom Kucharz (Xornalista e investigador social, membro de Ecoloxistas en Acción) - "Xeopolítica, crise enerxética e agrocombustibeis. Para loitar contra o Cambio Climático necesitamos Decrecimento Económico".

19:30 h: Alejandro Arizkun Cela (profesor titular no Departamento de Economía da Universidade Pública de Navarra) - "Os límites da substitución de fontes enerxéticas para a sostenibilidade: os agrocombustibeis".

20 h: Coloquio.

4ª xornada, 25 de abril (no salón de actos do Vicerreitorado)

18 h: Audiovisual 1

19 h: Audiovisual 2

20 h: Coloquio e ágape con produtos ecolóxicos.

* * *

A actual situación de crise enerxética e ambiental obriga a unha reestruturación de todo o sistema económico e, por tanto, político e social, tomándose para iso medidas como a substitución de enerxías baseadas en combustibeis fósiles por renovables que, en principio, semellan aceptabeis, pero que, se non se levan adiante análises serias sobre as súas repercusións, poden acarrexar consecuencias imprevisibeis, e ás veces fatais para o futuro da humanidade.

Aínda que a crise fora xa anunciada por persoas do ámbito científico e ambientalista dende hai mais de dúas décadas, non se tomaron as medidas precisas e no momento actual os problemas acadan unha envergadura desmesurada e afectan a moi diversos ámbitos: escaseza e carestía de combustibles, contaminación, quentamento global, seguridade alimentaria, desaparición de acuíferos, que nalgúns casos abastecen importantísimas zonas de produción cerealística, etc.

Neste contexto córrese o risco de tomar medidas precipitadas sen analizar todas as posibles consecuencias que orixinarían. Por outra banda, existe o risco da aparición de certos lobbys asociados a grupos empresariais coa única finalidade de sacar beneficios económicos a esta situación, sen considerar as posibles consecuencias negativas das súas operacións.

A Mesa “Agrocombustibeis a debate” formouse hai xa mais de tres meses co obxectivo de analizar esta problemática, utilizando como método o estudo con base bibliográfica, o debate e a toma de posturas consensuadas, co obxectivo de proporcionar información á cidadanía e denunciar aqueles casos nos que se infrinxa dano ao medio ambiente ou á seguridade alimentaria das persoas.

Co mesmo obxectivo formativo vímonos na necesidade de abrirse a novos colectivos, promovendo un debate social a partir dunhas xornadas impartidas por persoas cualificadas e con profundo coñecemento das custións que o problema plantexa: seguridade alimentaria, danos medioambientais, balance final dende o punto de vista enerxético do emprego de agrocombustibeis, posibilidades produtivas para Galiza, mantemento e agudización das desigualdades nos intercambios comerciais entre países, etc.
--------

Etiquetas:

17.3.08

Colaboración no dominical "Nordesía" (Diario de Ferrol) - (16 marzo 2008)

Artigo: "MISTERIOS BAIXO A AUGA"
Texto e fotos: Andrés Leal Viñas

Etiquetas:

“Museo da Natureza” da SGHN - FÓSILES DE CETÁCEOS – Estudio en profundidade por científicos internacionais – (12 – 14 marzo 2008)






Durante os días doce a catorce de marzo, o equipo de investigación internacional formado polos paleontólogos Dr. Klaas Post (departamento de paleontoloxía do Museo de Historia Natural de Rotterdam), Dr. Olivier Lambert (departamento de paleontoloxía do Museo de Ciencias Naturais de Bélxica) e Dr. Giovanni Bianucci (departamento de Ciencias da Terra da Universidade de Pisa) visitaron o “Museo da Natureza” para estudar en profundidade os restos fósiles que se conservan na Sociedade Galega de Historia Natural. As conclusións e a publicación dos mesmos tardará un tempo, xa que aínda hai que procesar os datos obtidos e definir a liña de estudio que se pretende dar a esta investigación, pero xa podemos adiantar que o "Museo da Natureza" conta con dúas especies novas para a ciencia, dous holotipos conservados na SGHN, un deles corresponde a unha nova especie do xénero Choneziphius, máis grande que as coñecidas ata o momento, e outra é un novo xénero cladísticamente próximo ós Tusciziphius e Caviziphius descubertos por Klaas Post e Giovanni Bianucci anos atrás. Polo de agora seguiremos traballando neste campo, profundizando nas liñas de colaboración e de investigación abertas e co compromiso de retorno por parte do equipo para o próximo ano.
Os tres científicos mostraron en reiteradas ocasións o seu agradecemento polo excelente trato recibido pola SGHN e o seu apoio moral ante a situación que vivimos día a día nun edificio que se cae en anacos por momentos. Olivier Lambert, na rolda de prensa, reclamou unhas instalacións dignas tal e como se merecen dous holotipos e unha das coleccións máis importantes de Europa sobre mamíferos mariños.


Na tarde do seu derradeiro día de estancia en Ferrol, os tres investigadores acompañaron a membros da sección de Mamíferos Mariños da SGHN-CEMMA, nun varamento na praia de Doniños, continuando cun curto recorrido por algunhas praias da nosa costa.
-------

Etiquetas:

PUBLICADO EN – "Regasificadora da Ría de Ferrol - ALBANIA: depósitos de sustancias perigosas preto de zonas habitadas".

ALBANIA
DE LUTO





"Cremos que xa sabedes todos a desgraza ocorrida en Gerdec (Albania) onde un depósito de municións situado nesta vila e rodeado de vivendas habitadas, explotou ao mediodía de onte.
Os nosos maiores recordarán a explosión do polvorín de Caranza, aquí en Ferrol a comezos dos anos 40. O réxime de Franco retirou desta zona a polvorín e trasladouno á cima dos montes de Chamorro. Agora, 60 anos despois, e debido a uns políticos incompetentes volvemos á prehistoria pondo en perigo a miles de cidadáns sen que, ao parecer, preocúpelle a ningunha institución oficial. Esperemos que non haxa que pedir responsabilidades.
As municións concentradas no polvorín albanés poderían ser a metade das 100.000 toneladas acumuladas en toda Albania polo réxime comunista. Ante o desexo de Albania de entrar na OTAN este organismo pediu ao goberno de Tirana que concentrase estas municións en Gerec para a súa desactivación. Aquí en Ferrol a Planta de gas licuado concentra nun mesmo lugar 150.000 toneladas de gas licuado e rodeado de vivendas habitadas a unha distancia de apenas 100 m. A ría de Ferrol concentra unha poboación agrupada duns 130.000 cidadáns. Segundo o falecido xeral Gabeiras, este depósito de gas licuado ofrece un obxectivo puntual bélico e para o terrorismo. A OTAN tamén é coñecedor desta circunstancia pois o Comité Cidadán envioulle varias cartas de alerta. O goberno español daquel momento era do PP e responsable dos "permisos" múltiples que ten a planta (tal como di o conselleiro de industria da Xunta).
En Albania a herdanza do réxime comunista provocou esta desgraza xunto coa incompetencia da OTAN de non prever a posibilidade dunha explosión. En Ferrol temos outra herdanza que nos deixou o PP (Reganosa) e co consentimento do PSOE, BNG e OTAN.


Os dous tanques almacén de gas natural licuado (GNL) da Regasificadora da Ría de Ferrol teñen unha dimensión de 70 metros de diámetro e 42 metros de altura. Na fotografía se representa o tamaño dun tanque en comparación cos bloques de edificios que rodean a praza de touros".
Publicado en http://www.f-cape.org/
Colectivo universitario opositor a planta de gas (GNL) da ría de Ferrol

O Colectivo opositor á Planta de Gas adxunta unha fotografía dunha praza de toros, para apreciar as dimensións de cada un dos tanques almacén de gas licuados instalados na nosa ría. Unha moi boa comparación, dúas desgraciadas construcións co mesmo tamaño e mesmo contido.
----------

Etiquetas:

“MUSEO DA NATUREZA” – Exposición itinerante no CEIDA (Castelo de Santa Cruz de Oleiros” – (Febreiro e Marzo 2008)

Desde mediados do mes de Febreiro está aberta ao pública unha exposición itinerante do “Museo da Natureza”, organizado polo CEIDA no Castelo de Santa Cruz de Oleiros.

Etiquetas:

PUBLICADO EN – Condenan a un oso rateiro

Texto:noticiaslocas.com
Fotos: noticiaslocas.com

(Publicado en “Peru.com”)
Un oso foi atopado culpable de furto e vandalism e de nada lle serviu facerse o ídem.
A vítima do delito explicou que tentou por tódolos medios facer desistir ao oso da súa conduta poñendo música estridente e reflectores, pero nada lle deu resultado. Ao parecer, o animal esperaba a que rematara a música e se apagara a luz para volver as súas fecharías.
Como o oso non ten propietario e se trata dunha especie protexida a corte de xustiza ordenou pagar ao estado 3.500 dólares polo dano causado.
------

Etiquetas:

14.3.08

A PEQUENA BALEIÑA (Balea Alibranca “Balaenoptera acutorostrata”) – (Bares 7 e 8 marzo 2008)




Neste ano no que estamos, moi noviño aínda, rexistráronse xa unha gran cantidade de varamentos de Mamíferos Mariños e Tartarugas. A maioría mortos e algúns vivos, que afortunadamente foron ou están a ser recuperados pola SGHN-CEMMA.
Quero subliñar o acontecido nestas últimas semanas, en canto a o elevado número de animais atopados nas nosas costas, todos eles rexistrados, medidos e a os que se tomaron mostras para posteriores estudios. Non reflectimos nestas páxinas estes rexistros, pero si queremos facelo coa presenza especial dunha Balea Alibranca (Balaenoptera acutorostrata), exemplar inmaturo de poucos meses de idade, que chegou vivo á costa de Bares.
A Balea Alibranca é a máis pequena que podemos atopar nas nosas costas. A súa lonxitude máxima está nuns 10 metros e cunhas 10 toneladas de peso. É a coñecida como “Minke whale” que os xaponeses perseguen e matan cada desgraciada temporada de caza.
O nome de alibranca venlle dado pola cor branca das aletas pectorais, un distintivo para recoñecela no mar. Pese a que se di dela que é a máis abundante de tódalas baleas, é unha especie vulnerable, como todos os mamíferos mariños, situación á que os levou a predación humana.
Aliméntase de krill , pequenos peixes e cefalópodos, por elo sorprende o gran anzol que esta baleíña aparecida en Bares levaba cravado na comisura bucal, con saída polo ollo dereito. Sen dúbida a mala sorte cruzouse na súa ruta, cando atopou este anzol empregado na pesca do peixe espada.
Descoñecemos o acontecido coa nai, xa que este era un exemplar lactante, pero a pequena balea amosábase desnutrida, cun aspecto moi delgado e exhausta.
Sabemos, os que nos dedicamos ao estudio da fauna mariña e a coidar daqueles exemplares que chegan ata as nosas costas feridos, que estes duros acontecementos poden suceder en calquera momento e son aquelas situacións das que non podemos fuxir, nin queremos facelo.
Pero aínda así, situacións como a deste animaliño moribundo e sen posibilidade de recuperación que chega á costa e vara nunha praia o nas rochas, como neste caso, vívense dun xeito tráxico que obriga a tomar decisións dramáticas, pero necesarias, para evitalo sufrimento ao animal.
Este é o caso da pequena baleíña lactante. Foi un tempo agrio, no que se lle deu cariño e compaña, alivio e fin a un animal tan querido por nos e tan ansiado de ver vivo, sucando as nosas augas.
Tardaremos en repoñernos destas duras imaxes. Durante moitos días seguiremos a velo corpo trémulo sobre as rochas e a sentir a súa suave pel baixo as nosas mans.
-----

Etiquetas:

10.3.08

PUBLICADO EN - Canadá aplica nova regulamentación para abater focas ¡¡¡SEN CRUELDADE!!!


Nas portas de que a Unión Europea inicie deliberacións sobre si prohibir a comercialización e importación de produtos da caza comercial de focas que se practica en Canadá e coa realidade xa de que Alemania o faga expresamente, adiantándose as decisións da U.E., os dirixentes políticos dese pais que permiten e potencian que miles de focas morran cada día da maneira máis cruel que poda imaxinarse pretenden aplicar este ano unha nova regulamentación “tapadeira” para, segundo din, “limitar o sufrimento das focas abatidas durante a caza anual destes mamíferos”.
O goberno cadadiense fai un tremendo esforzo para aceptar a recomendación dun grupo internacional de veterinarios que preconiza un “método de abatemento sen crueldade en tres etapas”. O procedemento entrará en vigor a partir da caza deste ano, nas próximas semanas, na que está autorizada a morte de 275.000 focas. E atendamos ao novo procedemento:
“Tras golpear á foca cun garrote ou dispararlle, o cazador confirmará a perda de coñecemento palpando o cranio ou verificando a existencia dun reflexo da cornea e, finalmente desangrará ao animal cortando dous arterias principais”.
E iso, continúa: “Asegurará sen a menor dúbida que a foca morrese antes de ser desollada”.
Coma sempre os polítivos van máis lentos ca realidade e coa súa inoperancia outro ano máis veremos as imaxes desgarradoras da crueldade e da forza do diñeiro. Novamente, non temos palabras para reflexionar sobre este tema. Deixamos que as busquedes vos.

Etiquetas: ,

Colaboración no dominical "NORDESÍA" (Diario de Ferrol) - (9 marzo 2008)

Artigo: FOCA CANGREXEIRA
Texto: Yosy
Fotos: Javier Cristob

Etiquetas:

4.3.08

¡ARTE ou LOUCURA!. ¿Quén matou a NATIVIDAD?

Para a próxima Bienal Centroamericana Honduras 2008, organizada por Empresarios polo Arte, no que participan artistas seleccionados por xurados de diferentes países, como Colombia, México e Ecuador, artistas escollidos en base a súa obra de calidade e coherencia entre ideas e execución, incluíse quen di chamarse “Guillermo Habacuc” e que conseguiu o pase a este evento por unha exposición na que permitiu que un can morrese de fame para o seu lucimento .


Botando unha ollada ás obras deste home, vemos montaxes como o do “Troco do anel de voda polo equivalente en diñeiro a tres caixas de leite”, ou “Preservativos usados, doados por unha traballadora do sexo”, conxelados estes en resina e con medidas variables.
Estamos acostumados a ter que “interpretar” o que ultimamente dáse en chamar arte, e tragamos co que nos boten por riba, nun mercado no que xa se dixo todo e o que queda é só ánimo de lucro. Pero o deste home, por chamarlle algo, non ten nome, xa que dicir que fai “arte” lle queda grande.

A obra titúlase “ERES O QUE LEES”, frase que se lía na parede do fondo na sala expositiva, letras feitas con comida de can, pequenos aros de penso, que un pobre canciño, atrapado na rúa por secuaces de este “artista”, non podía alcanzar desde o lugar onde o malnacido o sitúo, atado por unha curta piola e que miraba e desexaba, mentres lle durou a vida, porque o canciño morreu de fame.
Os visitantes ao evento artístico, indiferentes á dor do animal e a pobreza da obra que tiñan diante, paseaban os seus ollos pola estancia e ningún tivo a ben salvar a dignidade e a vida do animal que tiñan diante, perdendo na ausencia de misericordia a dignidade propia.
O canciño chamábase Natividad e morreu triste e lentamente á vista de todos os homes famentos de abanderar o progresismo de algo, sexa o que sexa, nun sacrificio co nome de Arte.

Aqueles, que nos adicamos, profesional o naturalmente a debuxar a natureza, coas mans, con lápices, con pinceis, co traballo diario... Que pintamos a beleza, a vida e a morte, creemos que o ARTE é outra cousa, xa que si o que quería o autor era espremer o noso corazón, eso xa o fan as miserias humanas cada día e non se chama arte, senón miseria.
Existe un video en “You tube” e existe unha organización que recolle firmas para que este individuo deixe de chamarse artista e por riba de todo, non participe na Bienal Honduras 2008, cunha nova representación do “Eres o que lees” que incluiría outro canciño sacrificado. Tristemente, a estas alturas da existencia humana, aínda temos que loitar para evitar cousas semellantes, temos que xuntar as manos para impedir o que non tiña que nacer sequera. ¿Como é posible que as autoridades permitiran semellante espectáculo?.

ENLACE:
http://www.petitiononline.com/13031953/petition.html

Etiquetas: ,

A SGHN na RAM (Rede de observación de aves e Mamíferos Mariños)


A Sociedade Galega de Historia Natural está a traballar coa RAM, unha rede de observación de aves e mamíferos mariños que funciona ó longo da costa ibérica.
A participación é libre e voluntaria, aberta a calquera persoa interesada nas aves e nos mamíferos mariños. O seu funcionamento está integrado nunha rede de observación artellada a través dun coordinador que organiza e distribúe a información. A súa vez existe unha organización europea que permite chequear unha serie de puntos de observación ó longo da costa europea.
Os seus obxectivos son os seguintes:
1 - Obter información periódica sobre a abundancia e distribución de especies de aves y mamíferos mariños nas costas atlánticas e Mediterráneas de España e Portugal.
2 - Manter unha base de datos para recopilar información sobre a fonoloxía, abundancia relativa e comportamento migratorio.
3 - Estandarizar a metodoloxía.
4 - Cooperación entre ornitólogos, cetólogos e organizacións.
5 - Implicar a voluntarios en acciones de estudio e conservación

A SGHN está a colaborar nesta rede dende dous puntos de observación:
1 - O Cabo Prior ( coordinador: Xan Rodríguez Silvar)
2 - O Cabo Touriñan ( coordinador: Francisco Docampo)
A colaboración e participación non só é posible senón que ben recibida polo que se a anima a todos aqueles interesados a participar!

Etiquetas: ,

3.3.08

O Lobo Mariño Cincento “FENICIO” (Halichoerus grypus) en liberdade - (28 febreiro 2008)








O Sábado, 28 de febreiro, partiu do peirao de Marín, o barco “Navegante Magallanes”, levando como mariñeiro ao lobiño FENICIO, tras case dous meses de tratamento e coidados, primeiro na UCI da SGHN-CEMMA e logo no Acuarium de O Grove. Marchou con 41 quilos de peso, que gañou cos coidados que se lle deron durante este tempo e chegará a o seu destino tras día e medio de navegación, en augas internacionais do Gran Sol, cunha profundidade de 150 metros, onde recobrará novamente a liberdade.
A despedida de FENICIO contou con gran número de medios de comunicación, que nos acompañaron durante o traslado de O Grove a Marín e continuou ata que o barco partiu do porto. ¡Boa viaxe e feliz encontro coa liberdade para Fenicio, o primeiro lobiño de este ano!.

-------------

Etiquetas:

A depredación e a tenrura (Video de “Blogger”)

¡Matar por matar, non!, neste vídeo colgado en “Blogger”, anaco dunha reportaxe da “National Geographic” que amosa a tenrura na depredación.
Quen caza para comer e antepón o instinto maternal ante o da fame. Mirádeo, e que cada quen lle poña a súa interpretación:
Foi loucura!. Um risco //impetuoso e descuidado.
Mas, por algum milagre //Legadema silenciou o babuino…
Antes que o enorme // bando percebesse
Naquelo momento, Legadema //o curioso filhote,
sofreu uma de suas muitas // transformaçoes,
Ela se tornara matadora // do seu mais temido inimigo
De repente, essa matança // já significativa…
Algo se movia entre // o pelo do babuino morto
Um recèm-nascido // de um dia de idade.
Legadema levou // Um momento para perceber.
Ela sempre fora curiosa // mas em vez de uma
rápida mordida no pescoço, // Legadema parou e se deitou
ao lado do babuino // Ela nao sabia como reagir
As hienas normalmente // a fariam correr para as árvores,
mas dessa vez, // ela levou gentilmente…
o bebé para um lugar seguro. // E somente entao voltou
para confrontar a hiena. //Foi uma defensa agressiva,
proteger o filhote e nao a caça. // Os olhos de Legadema nao
deixaram o bebé durante horas. // E por estranho que pareça…
esse recém-nascido começou // A segui-la por toda parte,
procurando por ela, mais // provavelmente gravando…
na memoria sua nova // mae substituta.
Legadema parecia ter sido pega // em seu próprio conflito interno.
Um jovem leopardo em uma // confusa encruzilhada na vida,
dividido entre ser um predador // e um filhote curioso.
Talvez alguma coisa // mais maternal e compassivel…
tenha começado a crescer // dentro dela naquele momento.
Finalmente os dois // se acomodaram para dormir,
Exaustos com o acontecemento, // aconchegados durante horas,
fugindo do frio do inverno. // Foi o frio que finalmente fez
o filhote de babuino sossegar… // Mais um mistério
havia se somado a esses, //um leopardo adormece
com um babuino a seu lado.

video

Etiquetas:

Declaración pública de NON CAZADOR (Recollida de firmas de “Ecoloxistas en Acción)


1
Declaro publicamente a miña condición de NON CAZADOR.
2
Reclamo o meu dereito a disfrutar da natureza sen estar suxeito á ameaza e a o ruído dos disparos dos cazadores.
3
Reclamo o meu dereito a deambular libremente polos espazos e vías públicas sen estar suxeito ás restricións e obstáculos a que da lugar a actividade cinexética.
4
Declaro o meu compromiso de disfrutar da natureza responsablemente sen danala nin molestala, nin prexudicar a terceiras persoas nin a os seus bens lexítimos
.

Pódese firmar esta declaración pública de NON CAZADOR, na seguinte páxina de “ECOLOXISTAS EN ACCIÓN”:

http://www.ecologistasenaccion.org/spip.php?rubrique118
-----

Etiquetas:

2.3.08

Exposición itinerante do “Museo da Natureza” – (3 marzo 2008)




Exposición itinerante en I.E.S. “Cruceiro Baleares” de Culleredo. Nesta exposición itinerante amósase por primeira vez gran parte do esqueleto dunha BALEA COMÚN de 18 metros, recuperado pola SGHN e CEMMA en Ponteceso, fai xa tres anos, e que espera pacientemente o prometido novo Museo da Natureza” para ser exposto na súa totalidade.

Só a cabeza deste exemplar mide cinco metros e pesa 1.450 quilos, sen contar cos maxilares, o que fai difícil a súa manipulación e imposible amosala nunha exposición itinerante.

---------

Etiquetas:

Colaboración no dominical “NORDESIA” (Diario de Ferrol) – (2 marzo 2008)

Artigo: “XILBARDEIRA (Ruscus aculeatus)
Yexto e foto: Yosy

Astronomía: “Efemérides de Marzo 2008”
Texto: Paulino Gasalla

Etiquetas:

1.3.08

Tartaruga Verde “EUME” (Chelonia mydas) – (1 marzo 2008)




A Tartaruga Verde, da que tan só se coñecen unhas seis citas en trinta nos na nosa Comunidade, é unha especie rara en Galicia. Difícil de atopar con vida, polo que pode considerarse un privilexio esta aparición dun exemplar no peirao de Pontedeume.

Foinos entregada pola patrulla do SEPRONA da Garda Civil de Pontedeume e ingresou na UCI de Lobos Mariños e Tartarugas ás 19:00 horas do día 1-03 2008.
Un exemplar de 40,50 cm. de lonxitude e 4:310 quilos de peso, pouco para o seu tamaño, que non presenta feridas externas, pero si unha gran debilidade e unha forte baixada do metabolismo. Tralos coidados iniciais, mantívose en observación, falecendo a madrugada do día 2 de marzo de 2008. Lamentamos non poder recuperar a este fermoso animal para devolvelo ao mar, xa que cada exemplar de Tartaruga Mariña é un tesouro para a natureza.
--------

Etiquetas:

Plan de Ordenación de Parques Naturais e outros (ANCARES e CORRUBEDO) - Consultas da Avaliación Ambiental Estratéxica

Plan de Ordenación de Parques Naturais e outros (ANCARES e CORRUBEDO) - Consultas da Avaliación Ambiental Estratéxica

COMPLEXO HÚMIDO DE CORRUBEDO
Ordenación do territorio rural
Código: 0485/2008
Dirección Xeral de Conservación da Natureza
Dada de inicio do período de consulta: 29/02/2008
Data de remate do período de consulta: 31/03/2008

http://aae.medioambiente.xunta.es/template_aea.jsp?page=proxecto_aea.jsp?id=485


MARXES DO RIO SEIXEDO NO CONCELLO DE ARTEIXO
Planeamento urbanstico
Código: 0484/2008
Concello de Arteixo
Data de inicio do período de consulta: 29/02/2008
Data de remate do período de consulta: 10/03/2008

http://aae.medioambiente.xunta.es/template_aea.jsp?page=proxecto_aea.jsp?id=484


PLAN DE ORDENACIÓN DOS RECURSOS NATURAIS DO PARQUE NATURAL DOS ANCARES
Ordenación do Territorio rural
Código: 0479/2008
Dirección Xeral de Conservación da Natureza
Data de Inicio do período de consulta: 29/02/2008
Data de remate do período de consulta: 31/03/2008

http://aae.medioambiente.xunta.es/template_aea.jsp?page=proxecto_aea.jsp?id=479

http://aae.medioambiente.xunta.es/VerArquivo.do?idd=1420

Etiquetas: